Entidades colaboradoras:


 

 

 


ORIXES IRMANDAMENTO

Durante o ano escolar 1983-84, un mozo carballés chamado Manuel José, actual membro do Comité Francés, foi asistente de lingua española no colexio e instituto de L´Îsle Jourdain. Un día comentoulle a Mme. Delpeyroux a posibilidade de organizar un intercambio entre os alumnos lilois e os alumnos carballeses. Ela aceptou a proposta e  foi así cando en abril do ano 84 desembarcaron en Carballo o primeiro grupo de alumnos lilois.

No transcurso dos seguintes anos seguíronse realizando numerosos intercambios entre os institutos de L´Ìsle Jourdain e Carballo.

Finalmente en xullo de 1994 asinouse en Carballo o Documento de Irmandamento entre ambos pobos, e catro meses máis tarde (novembro de 1994) repetiase a sinatura en L´Ìsle Jourdain.  Este foi o feliz desenlace de máis de dez anos de relación entre os dous pobos, sobre todo entre os estudantes de L´Îsle Jourdain e Carballo.


Galego Castellano Français
historia membros actividades fotos prensa contacto
Cidades Irmás: Carballo - L'Îsle Jourdain © 2009

Páxina realizada por Ana Cancela e Cristina Castro