Entidades colaboradoras:


 

Formación: Anualmente lévanse a cabo na nosa asociación actividades formativas de diversa índole: xardinaría, plantas de interior, coidados persoais, cociña, etc. Ademais todos os anos se imparten clases de francés para todos aqueles que poidan estar interesados (iniciación e perfeccionamento).

Viaxes: Para manter o contacto entre os pobos irmáns, realízanse intercambios entre Carballo e L´Isle Jourdain. A súa duración é, aproximadamente, dunha semana, durante a cal se convive cunha familia de acollida. O enriquecemento cultural é inmenso e ata se crean lazos de amizade que, nalgúns casos, xa duran décadas.

Actos sociais: Reunións periódicas dos membros da asociación para tratar novas propostas e coñecer o grao de satisfacción dos alumnos que están asistindo aos cursos.Unha vez ao ano celébrase unha Asemblea Xeral na que se explican as contas da asociación, faise un balance anual e realízase un intercambio de ideas para acordar as actividades que se van a realizar no novo período. Cada ano celébrase unha cea-baile á que asisten, ademais dos membros do comité, decenas de persoas interesadas no acto e/ou que manteñen un contacto con Francia.


Galego Castellano Français
historia membros actividades fotos prensa contacto
Cidades Irmás: Carballo - L'Îsle Jourdain © 2009

Páxina realizada por Ana Cancela e Cristina Castro